miércoles, 13 de julio de 2011

Pre-departure

Xa queda menos!
Exactamente 26 días. Cando me deron a beca parecía que aínda quedaba moito (aínda estabamos en decembro) e que nunca chegaría o momento de irse. Por iso, ao contar os pouquísimos días que faltan para a miña partida quedeime moi sorprendido. O tempo voou!
Dende aqueles rimeiros momentos nos que me deron a noticia de que fora escollido e que me preguntaban se sabía o que ía levar, ao que respondía que aínda quedaba moito, a estos días nos que teño que preparar todo e nos que son eu o que me preocupo por iso.
Ao primeiro tiña moitas dúbidas acerca diso de estar un ano fóra sen a miña familia e os meus amigos e non tiña a intención de presentarme á ningunha beca. Pero un día estiven pensando e decidín apuntarme, xa que é unha experiencia única que só uns poucos podemos vivir.
Hai apenas dous meses que me dixeron cal ía ser a miña familia: a familia Porter, unha familia formada polos pais, unha filla e dous fillos, que vive nun pequeno pobo chamado Prosper a uns 50 km de Dallas, no Estado de Texas. O meu primeiro contacto con eles foi moi bo e tratáronme como a un máis da familia, preguntáronme as miñas inquietudes e preocupáronse por min.
Sei que ningún sitio será como Galicia (sobre todo como A Coruña) porque Galicia é onde vós estades e onde eu estou con vós. Son 7461 km o que me afastarei de vós e sei que vos vou botar moito de menos, sobre todo o primeiro mes, aínda a morriña estarácomigo durante toda a miña estancia nos United States. Pero sei que non me olvidarei de vós e que a pesar do lonxe que esté sempre estaredes comigo.